Saturday 20 de April de 2024

Frades garda un minuto de silencio en memoria das vítimas da violencia de xénero


A casa do concello de Frades acolleu este mediodía unha concentración, encabezada polo alcalde Roberto Rey Martínez, na que se gardou un minuto de silencio en memoria das 37 mulleres vítimas da violencia de xénero e os 4 nenos/as vítimas da violencia vicaria, segundo os datos da Delegación do Goberno. Un acto conmemorativo do Día Internacional contra a Violencia Machista no que participaron traballadores e traballadoras municipais, así como representantes dos distintos grupos políticos de Frades.

A casa consistorial contaba cunha gran lona coa proposta “Xuntos voaremos máis alto”, deseñada por Bruno Pérez Meijide e Diana Rivadas Porteiro, de 1º da ESO do Ies de Ponte Carreira.